viernes, 16 de enero de 2015

EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA

ACTIVIDADE SOBRE A LIBERDADE DE EXPRESIÓN

Na Declaración de DDHH que xa analizamos no tema anterior, ven contemplado o seguinte artículo:

Artículo 19

Todo individuo ten dereito á liberdade de opinión e de expresión; este dereito inclúe o de non ser molestado a causa das súas opinións, o de investigar e recibir informacións e opinións, o de difundilas sen limitación de fronteiras, por calquera medio de expresión.

Os sucesos acontecidos a semana pasada en París violaban ademáis deste, outro artículo da Declaración dos Dereitos Humanos:

Artículo 3

Todo individuo ten dereito á vida, á liberdade e á seguridade da súa persoa.

Últimamente escóitase moito falar da liberdade de expresión, dos seus límites etc... pero máis alá das distintas opinións que poidan ter as distintas persoas do planeta, está claro que hai un dereito por enriba de todos que é o Dereito á Vida, e que ninguén ten dereito a quitala. Hai que defender tanto a Liberdade de expresión (art. 19 dos DDHH) como a Tolerancia por outras relixións ou pensamentos (art.18 dos DDHH), pero se hai que poñer un límite, ese é o do dereito á seguridade e integridade das persoas e o dereito á vida (art.3 dos DDHH). A barbarie acometida en París a semana pasada polos radicais, non está xustificada de ningunha maneira e perden sentido as ofensas que sentiran. 

ACTIVIDADE:

Busca unha frase relacionada coa liberdade de expresión,ou expresa a túa propia en relación co acontecido en París. Explica o seu significado e despois fai un debuxo acompañando á frase para expoñela no centro nun formato 15x15cm sobre cartolina.

 http://www.citasyproverbios.com/citas.aspx?tema=Libertad

O pasado domingo saíron á rúa os franceses para manifestarse contra o terror e en favor da liberdade de expresión, poderon verse moitos debuxos que poden servirte de inspiración.

DATA DE ENTREGA:
 2ºA  MÉRCORES 28 de xaneiro
 2ºB  LUNS 26 de xaneiro
 2ºC  MARTES 27 de xaneiro

TEN EN CONTA:
-Faino con boa letra, que sexa clara, lexible, sen faltas de ortografía
-Que se identifique tamén o debuxo
-Non o entregues feito a lápiz
-Frase propia ou non
-Deseño, cor... libre

No hay comentarios:

Publicar un comentario