miércoles, 29 de abril de 2015

A MIÑA ÁRBORE XENEALÓXICA

UNIDAD 6 A FAMILIA

Realiza unha árbore xenealóxica ata os teus bisavós, tataravós.... ou ao que chegues, a partir de fontes orais, escritas, visuais.... Pódense engadir fotografías da familia ou facer os retratos. Aquí tes algunhas suxerencias:

Paso 1: investiga na casa sobre os teus antepasados
Paso 2: Elixe un modelo de árbore xenealóxica (imprímelo, debúxalo....) e coloca aos membros da túa familia, podes poñer fotos, debuxos etc....
Paso 3: Elixe un membro da túa familia e investiga máis sobre el ou ela. Faille unha entrevista

ENTREVISTA.
Consiste en elaborar unha serie de preguntas e investigar o pasado a través dos ollos e experiencia dun membro da túa familia. Pregúntalle sobre historias que marcaron a súa vida, sobre cousas ocorridas no pasado, no mundo en xeral, a nivel nacional ou local e como o viviu. Tamén podes indagar sobre como era a sociedade de entón e como é a de agora, podes preguntarlle que bota de menos e que non, e o que lle gusta da sociedade actual e o que non. Procura que a persona que elixas non sexa moi nova.

Unha vez teñas feita a entrevista podes:
a. Reproducila tal cal no caderno
b. Redactar a historia, pode ser en forma de conto, poesía, homenaxe...

Ilustra o traballo cunha foto do protagonista ou protagonistas (se o fas a varios, unha parella, irmáns....)



No hay comentarios:

Publicar un comentario