miércoles, 13 de mayo de 2015

LEI ELECTORAL

LEI ELECTORAL DAS ELECCIÓNS AOS REPRESENTANTES DO GOBERNO DA AULA

Contido:

1. REPRESENTACIÓN
Explicar o número de escaños dos alumnos-deputados. Como é o modo de obter a maioría (absoluta e simple).

2. SISTEMA DE VOTOS 
Indicar o número máximo de votos emitidos e a proporción que ten que haber entre número de votos e escaños.
 
3. MESA ELECTORAL E NORMAS NAS ELECCIÓNS
Indicar o número de membros que formarán parte da mesa electoral. O sistema para elexir aos membros. Engadir o número de suplentes. Como se procederá á presentación no día das eleccións. Funcións dos membros da mesa.

4. RECUENTO DE VOTOS
Cando e como se procederá ao recuento de votos. Quen realizará tal recuento.

5. SUFRAXIO
Explicar que é o sufraxio e indicar quen pode votar. Tamén hai que expresar os requisitos necesarios de identificación dos votantes para proceder á votación .

6. OS VOTOS
Indicar o número máximo de votos que se poden emitir. Deixar claro que votos son válidos e cales nulos. Tamén especificar se existe o voto en branco e como debe efectuarse.

7. MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL
Especificar as funcións dos membros da Xunta no día das eleccións. Cantos teñen que estar presentes e o modo para proceder ao relevo.

8. MATERIAIS
Elaborar unha listaxe cos materiais necesarios para proceder ás eleccións.

9. PROFESOR/A
Indicar as súas funcións durante o proceso.


No hay comentarios:

Publicar un comentario