lunes, 15 de septiembre de 2014

EDUCACIÓN PARA Á CIDADANÍA (PRESENTACIÓN)

1ª SESIÓN

Iniciamos este novo curso na materia de Educación para á Cidadanía cun novo proxecto: a elaboración dun diario-caderno no que imos reflectir todo o traballado en clase, será un diario personalizado no que podedes poñer fotografías, pegatinas, recortes etc... a modo de scrapbooking.

Hai dúas opcións: comprar unha libreta que poda servirnos de Diario ou facela nós. Se optades pola segunda opción aquí vos deixo unha suxerencia, un vídeo de como facer un diario caseiro:



O material necesario para o desenvolvemento das clases será o diario e o necesario para cada sesión será dito nas sesións anteriores. 

As distintas Unidades Didácticas a desenvolver nas 3 avaliacións, resúmense nestes 3 grandes bloques

1. O MEU ENTORNO MÁIS EU
2. OS DEREITOS HUMANOS
3. CONFLITOS NA ACTUALIDADE

Na última avaliación traballaredes por grupos e ides facer unha exposición oral do voso traballo sobre algún conflito actual (pode ser dos suxeridos pola profesora ou ben un que desexedes traballar).

Na nota de cada Avaliación terase en conta:

20% A ACTITUDE NA CLASE (fronte á materia, profesora e compañeiros)
80% O TRABALLO (actividades, contido do diario, presentación orixinalidade etc...)
AS PROBAS

En cada Unidade Didáctica traballaremos na clase, mandarei traballos ou actividades para entregar e farase unha proba escrita.

Páxinas web

http://ideas10-manualidades.blogspot.com.es/

http://susana-scrapbookideas.blogspot.com.es/




No hay comentarios:

Publicar un comentario